Tuesday 21 de May de 2024

A A.D. Liceo imponse no III Trofeo Alquimia Ordes de patinaxe artística


Os da casa quedaron en cuarta posición nas dúas únicas categorías nas que competían. En total participaron 200 patinadores entre 3 e 17 anos

Un ano máis o Trofeo Alquimia Ordes de Patinaxe Artística congregou a centenares de persoas que non se quixeron perder unha das convocatorias deportivas máis importantes da comarca, e unha das máis destacadas dentro da súa modalidade. Nesta terceira edición participaron un total de 200 patinadores entre os 3 e os 17 anos. Dende primeira hora da mañá non pararon de executar piruetas e todo tipo de acrobacias sobre os seus patíns, ante a atenta mirada do xuradao encargado de valorar a súa actuación.
Un ano máis a A.D Liceo impúsoxe sobre o resto de competidores. Na categoría benxamín o máis alto do podio foi ocupado polo Club Patín Oroso, seguido do Coruxo (Laracha) e a A.D. Liceo, que tamén acadou todos os premios nas categoría alevín e cadete. No caso dos infantís novamente as patinadoras da A.D. Liceo foron as primeiras en alzar a súa copa, quedando o C.P Alquimia (Carral) e o Coruxo (Laracha) en segunda e terceira posición respectivamente. Por último o C. P. Alquimia (Carral) foi o que máis puntuación conseguiu na competición xuvenil.
Pola súa banda o C.P. Alquimia Ordes quedou en cuarta posición nas categorías alevín e infantil, as únicas nas que participaban. Uns resultados que denotan unha melloría considerable do seu rendimento e nivel en comparación con anos anteriores.